Lecturas do ganchete

Como vos íamos anunciando, o martes 16 de maio, iniciamos as lecturas do ganchete. Os nenos agrúpanse  por tríos de diferentes cursos. Un deles selecciona un libro que lles le aos outros dous compañeiros. Están no patio sentados sobre unha toalla que aporta o alumno maior. Iníciase ás 11, 30 ata as  11, 45 h que comeza o recreo. Farano dous luns máis nos que se intercambia o alumno lector. Gustoulles a experiencia de ler acompañados!